Luita Galega

Co fin de evitar posibles lesións e de facilitar a práctica desta proba a tod@s @s participantes, decidimos realizar unha adaptación do regulamento deseñado/recollido polo club de loita A Cambadela (A Estrada). Isto provoca, ó noso pesar, non poder realizar a loita galega con tódolos seus elementos propios. Así é todo, trataremos de gardar certas particularidades desta disciplina e tentaremos contribuír á súa difusión, pois é unha actividade que foi caendo no esquecemento, como consecuencia do abandono do rural galego, ó igual que outras moitas accións e actividades propias do país.

Espazo
Terá lugar nun círculo con 4 metros de diámetro, marcado sobre herba. Haberá unha zona de seguridade arredor deste círculo para evitar posibles accidentes.

Duración
A duración total do combate será de 5 minutos a tempo corrido.

Vestimenta
– Loitarase cun pantalón (preferiblemente chándal), sen cremalleiras e remangado polos xeonllos.
– A loita faise descalzos.

Participantes
Os participantes serán homes e mulleres e unicamente haberá división por categoría de pesos, separando en:
– Menos de 60Kg.
– Entre 60 e 80Kg.
– Máis de 80Kg.
Cada equipa poderá inscribir ate 2 loitadores/as por categoria.

Obxectivos (como se acada a vitoria):
– Inmobilizar ó contrario no chan durante 15´´. Considérase inmobilizado dende que o árbitro comeza a conta en voz alta.
– Combinar 3 puntos antes de rematar a duración do combate. En caso de non acadar os 3 puntos, será proclamado vencedor o que acade máis puntos. En caso de empate, haberá un tempo extra para determinador o gañador, vencendo o primeiro que acade un punto ou consiga inmobilizar ó contrario.

Para acadar 1 punto:
– Conseguir derribar ó contrario. Considérase derribado sempre que o loitador perda o equilibrio e toque con calquera parte do corpo no chan a excepción dos pés (exemplos: tocar co xeonllo, ca man…).
– Botar ó contrario fora do circulo.

Prohibicións:
– Non se permite golpear (cas pernas ou cas mans), rabuñar,estrangular ou agarrar do pescozo. A cara/cabeza non pode ser obxecto de ningún tipo de acción.
– Non se pode abrazar as dúas pernas á vez.
– Non se permite realizar ningún tipo de maña fora do terreo de loita, pero sí as que comecen dentro e se finalicen fora, así como as comezadas dentro do tempo regulamentario e finalizadas unha vez rematado este.
– Están prohibidas aqueles movementos complexos que poñen en perigo a integridade física do rival.
– Están prohibidos agarrar ou tirar da camisola ou roupa que cobra o torso.

Accións permitidas:
– As mañas realízanse sobre o pantalón, pernas(zona que cubre o pantalón), brazos ou tronco.
– Nas mañas sobre as pernas, so se poden agarrar cunha man, nunca abrazalas ca dúas mans nin abrazar as dúas pernas á vez.
– Pódese utilizar calquera tipo de técnica cas pernas sempre que non se observe golpeo.

Ligazóns interesantes (Bibliografía):
http://loitagalega.wordpress.com
http://loitagalega.files.wordpress.com/2009/05/libro-tecnica-web.pdf
http://loitagalega.files.wordpress.com/2009/05/loita-dos-antergos-web.pdf

Horario aproximado da proba: domingo 22 pola mañá.

Esta entrada foi publicada en As provas. Garda a ligazón permanente.