Lanzamento de peso

Olimpiadaspopularesgalegas 64
A proba consistirá no lanzamento de lonxitude dunha pedra.
Os lanzamentos realizaránse por quendas, podendo realizar un só lanzamento por participante e quenda. Dentro do campo de lanzamento delemitarase a zoa de lanzamento. Cada lanzador  disporá de 3 intentos ,nos cales intentará chegar coa pedra a maior distancia posible.
A maneira ou estilo coa que se debe realizar o lanzamento será libre e a escolla do lanzador.
Se o lanzador saíse da zoa de lanzamento ou lanzase fora do campo de lanzamento (é dicir lanzase noutro sentido distinto ó campo destiñando os lanzamentos) o lanzamento considerarase nulo.
Os lanzamentos realizaranse cunha pedra duns 20-25 cm de diametro e uns 3 kg d peso.
Haberá 2 gañadores: o home e a muller que realizasen o lanzamento de maior lonxitude, dentro dos 3 intentos dos que dispoñen.No caso de empate de 2 ou máis participantes gañará aquel que tivese un segundo lanzamento a maior lonxitude.(no caso de que fose preciso recorrerase o terceiro lanzamento)

Horário aproximado da prova: sábado 21 pola tarde.
Esta entrada foi publicada en As provas. Garda a ligazón permanente.